NOVAS

Campaña de doazón e reparación de bicicletas para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Publicado o 02 de Decembro de 2016

O equipo de Educación Viaria do Concello, dependente da Concellería de Seguridade Cidadá, volve a por en marcha a campaña "A túa vella bici vale un sorriso". Esta iniciativa permitirá un ano máis a reparación das bicis doadas que posteriormente serán repartidas coa colaboración do Centro de Recursos Solidarios de Narón entre os nenos e nenas con menos recursos e usuarios deste servizo.

Se ti, amigo ou amiga de Dameuntoke, queres doar a tua vella bici poderás facelo ata o 22 de decembro no voso centro escolar de Narón (en horario lectivo), ou no Concello, en horario de mañá. Tede en conta que este ano como novidade e tal como apuntou o concelleiro Guillermo Sánchez Fojo, tamén se recollerán e repararán bicis estáticas, se ben estas últimas se entregarán a un centro escolar da localidade, que impulsa un proxecto con este tipo de bicicletas.

A reparación das bicicletas realizarás o persoal do Equipo de Educación Viaria Escolar do Concello.

Lembra: "A tua vella bicicleta vale un sorriso"!