NOVAS

Campaña de Esquí 2014

Publicado o 20 de Xaneiro de 2014

Tssss, tssssss....! Gústavos a neve? Esquiáchedes algunha vez? Pois xa está aquí a "Campaña de Esquí 2014"!

A Deputación de A Coruña organiza esta campaña, correspondendolle ao noso Concello 17 prazas nesta convocatoria. Os rapaces e rapazas de Narón que nacérades nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003 teredes un oco na primeira quenda que vai viaxar á estación invernal de  San Isidro (León) os vindeiros 15 e 16 de febreiro.

Ides disfrutar dunha fin de semana con aloxamento e manutención ademáis de cursiños de esquí nesta estación de León. A cota de participación é de 36€ por persoa.

O prazo máximo fixado pola Deputación para entregar as inscricións  e a documentación dos participantes remata o venres 31 de xaneiro. O Concello de Narón vai pechar o prazo de preinscrición o venres 24 de xaneiro para, posteriormente, facer un sorteo público das prazas ante o secretario do Concello.

Onde vos tedes que preinscribir? Dende o Padroado de Deportes trasladaron esta información ós colexios e institutos, xunto coa ficha de preinscrición, para que vos poidades anotar no Rexistro Xeral do Concello de Narón (en horario de mañá)...a que agardades?