NOVAS

“Campaña de Esquí 2017”: aberto o prazo de inscrición

Publicado o 13 de Xaneiro de 2017

O prazo de inscrición na “Campaña de Esquí 2017” impulsada pola Deputación da Coruña permanecerá aberto ata o vindeiro 23 de xaneiro.

O concelleiro de Deportes, Román Romero, recordou que o prazo para inscribirse na “Campaña de Esquí 2017” promovida pola Deputación da Coruña rematará o vindeiro 23 de xaneiro.

A administración provincial oferta este ano un total de trece prazas para a localidade, ás que poden optar os nenos e nenas nacidos nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006, que deben cubrir unha ficha e cumplimentar cos datos requeridos para entregala no Rexistro do Concello.

Podes descargar a documentación desde:

 

  1. www.padroadodeportesnaron.com
  2. www.dicoruna.es.

 

No caso de que a demanda de prazas supere á oferta realizarase un sorteo para elixir ás trece persoas que participarán nesta campaña. Os rapaces e rapazas de Narón están convocados para a primeira quenda, do 19 ao 24 de febreiro, xornadas que pasarán na estación de esquí de Leitariegos, en León.

A cota que aboarán os participantes é de 95 euros, cantidade na que se inclúen os gastos de transporte, a estadía, a manutención na citada estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material e os derivados das actividades e cursos programados, tal e como se indicou desde a Deputación da Coruña.

Medio milleiro de rapaces e rapazas da provincia da Coruña poderán participar este ano na iniciativa, coa que se aposta por fomentar a práctica do esquí entre o colectivo.

Descarga o tríptico informativo e o cartel da campaña:

   
Documento Tamaño
Cartel esqui 2017.pdf 262.04 KB
Triptico esqui 2017.pdf 415.24 KB