Convocada a oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a campaña de verán do ano 2015 (15 de xuño a 30 de setembro de 2015).
Convocada a oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a campaña de verán do ano 2015 (15 de xuño a 30 de setembro de 2015).
A utilización destes espazos suporá contar con:
- Servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.
- Material (excepto o correspondente ás actividades específicas) que nos campamentos inclúe as tendas de campaña, colchóns e mantas.
- Xerencia e persoal de servizo.
Quen pode solicitar o uso das instalacións?
- As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
- Os consellos locais e municipais de xuventude.
- Corporacións locais.
- Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.
- Grupos de mozos e mozas de Galicia sen asociar formalmente que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas.
As prazas ofertadas son as seguintes:
A Coruña:
- Albergue xuvenil Mariña Española. Sada: do 20 ao 31 de agosto, 100 prazas.
- Campamento xuvenil Furelos. Melide: do 14 ao 21 de agosto, 30 prazas.
- Campamento xuvenil Virxe de Loreto. Porto do Son: do 17 ao 28 de xullo, 50 prazas; do 2 ao 13 de agosto, 80 prazas; do 14 ao 21 de agosto, 150 prazas; e do 22 ao 29 de agosto, 150 prazas.
- Campamento xuvenil Espiñeira. Boiro: do 2 ao 13 de agosto, 100 prazas; do 14 ao 21 de agosto, 50 prazas; e do 22 ao 29 de agosto, 100 prazas
Lugo:
- Albergue xuvenil Area. Viveiro: do 21 ao 29 de xuño, 120 prazas.
- Campamento xuvenil A Devesa, Ribadeo: do 2 ao 13 de agosto, 30 prazas; e do 18 ao 29 de agosto, 175 prazas.
Ourense:
- Campamento Penedos de Xacinto (Entrimo): do 3 ao 17 de agosto, 100 prazas
Pontevedra:
- Campamento xuvenil Illa de Ons. Bueu: do 10 ao 17 de agosto, 60 prazas; e do 18 ao 29 de agosto, 60 prazas.
- Campamento xuvenil Pontemaril. Forcarei:do 18 ao 29 de agosto, 140 prazas.
- Albergue xuvenil As Sinas. Vilanova de Arousa: do 30 de agosto ao 10 setembro, 120 prazas.
Os prezos das instalacións están publicados no DOG do 30 de decembro de 2014.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS304A.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 8 de abril de 2015.
Máis información no DOG do 24 de marzo de 2015 e no correo ofertaconcertada.benestar@xunta.es