NOVAS

Campionato de España de Bailes Latinos: Narón 2015

Publicado o 22 de Xullo de 2014

Un, dous, tres! Cha-cha-cha...Narón acollerá o vindeiro ano o Campionato de España de Bailes Latinos!

Os responsables da Federación Española de Baile Deportivo, Luis Baño e Araceli Castaño (presidente e vicepresidenta) estiveron estes días en Narón onde foron recibidos polo Alcalde, José Manuel Blanco e o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo. Nesta reunión estiveron tamén os directores do Club de Baile Deportivo Narón, Román Romero e Sandra García.

A finalidade desta visita foi asinar un acordo co Concello, para a celebración do Campionato de España de Bailes Latinos os días 20 e 21 de xuño de 2015. Paralelamente, se disputará a Copa Promoción para o ascenso de categoría e o XIV Trofeo Cidade de Narón de Baile Deportivo. En conxunto, o municipio agarda a participación aproximada de 600 parellas de baile.

O Campionato de España de Bailes Latinos estará organizado pola Federación Española de Baile Deportivo en colaboración co Concello de Narón e o Club de Baile Deportivo Narón.

Sabías que...? Este Club conta con 86 licencias de baile: é o primeiro club de Galicia en canto a deportistas federados e o segundo de España!