NOVAS

Certame Nacional de Moz@s Emprendedor@s do Injuve

Publicado o 21 de Xullo de 2015

Este certame ten como finalidade apoiar á mocidade que lidera proxectos innovadores e viables. Vai dirixido a empresas xa constituídas, cunha antigüidade mínima dun ano e máxima de 3 tomando como referencia a data de presentación das solicitudes de cada convocatoria.

INJUVE convoca o Certame Naciona de Moz@s Emprendedor@s.

Este certame ten como finalidade apoiar á mocidade que lidera proxectos innovadores e viables. Vai dirixido a empresas xa constituídas, cunha antigüidade mínima dun ano e máxima de 3 tomando como referencia a data de presentación das solicitudes de cada convocatoria. 

As dez primeiras empresas seleccionadas recibirán unha axuda económica para facilitar a consolidación do seu proxecto de empresa. A contía deste apoio económico ascenderá a 25.000 € para cada unha delas.

Por "empresa" entenderase ós traballadores autónomos, ás empresas familiares, ás sociedades colectivas e ás asociacións que exerzan regularmente unha actividade económica.

Estades pensando en participar? O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de agosto de 2015.

Precisades máis información? Podedes atopala na web do Injuve e no BOE do 18 de xullo de 2015.

   
Documento Tamaño
BOE-A-2015-8097.pdf 206.74 KB