NOVAS

Certame VoluntariARTE

Publicado o 27 de Agosto de 2012

A Plataforma de Voluntariado convoca o seguinte certame artistico no que poden participar mozos de entre 12 e 18 anos para contar que é o voluntariado a través de distintas expresións artísticas como o cómic, o relato ou a fotografía.

VoluntariARTE quere coñecer que significa o voluntariado e como o expresa calquera adolescente, para iso un xurado elixirá as obras de maior calidade e orixinalidade para que formen parte dunha exposición colectiva.

O prazo de presentación das obras comeza o 4 de agosto e finaliza o 31 de outubro de 2012. Todas as persoas interesadas en participar poden mandar os seus traballos á  seguinte dirección de email: sensibilizacion@plataformavoluntariado.org

TERMOS E CONDICIÓNS DO CERTAME VoluntariARTE

1. Poden participar os/as xoves nestas categorías:

   - Grupo A. 12-14 anos

   - Grupo B. 15-16 anos

   - Grupo C. 17-18 anos

2. Cada participante pode enviar un máximo de tres obras independentemente da modalidade.

3. As obras (cómic, fotografía, relatos) terán como temática o voluntariado no máis amplo sentido do termo.

4. En función da modalidade estableceranse uns requisitos:

  • FOTOGRAFÍA · Admitiranse fotos en cor e en branco e negro. Arquivos JPG dun tamaño mínimo de 1.024 x 1.024 píxeles
  • CÓMIC · A extensión mínima é de dúas páxinas cun máximo de seis (máis as portadas).
  • RELATO · Extensión máxima de dous folios, letra Times New Roman, tamaño 12. 5.

O envío realizarase por correo electrónico indicando CERTAME á seguinte dirección: sensibilizacion@plataformavoluntariado.org, con dous arquivos separados, un coa obra e outro cos datos do/a participante (nome, apelidos, DNI, teléfono e dirección).

Os/as participantes menores de idade necesitarán unha carta do seu representante legal (pai, nai, titor ou titora) autorizando a súa participación no concurso.

6. As obras deberán ser orixinais e inéditas.

7. A Plataforma do Voluntariado de España (PVE) non admitirá obras que considere ofensivas, inxuriosas ou que non se axusten ao contido da proposta de difundir o voluntariado.

8. Os traballos presentaranse en castelán.

9. O prazo límite para enviar as obras é o 31 de Outubro de 2012.

10. A organización elixirá o mellor espazo de exposición e máis adecuado ao material recibido.

11. As obras difundiranse a través da web da PVE: http://www.plataformavoluntariado.org/

12. Os/as participantes, ou en caso de ser menores de idade, os seus representantes legais, permitirán a libre difusión destas obras sempre que se realicen nun contexto de promoción do voluntariado.

13. A organización poderá resolver calquera eventualidade que xurda até o desenvolvemento do certame e durante a celebración do mesmo.

14. A participación no certame implica a plena aceptación destes termos e condicións. O formulario de autorización poderán atopalo en www.plataformavoluntariado.org.