NOVAS

Charla coloquio “Triatlón, presente e futuro” con Javier Gómez Noya, Sara Guerrero e David Castro

Publicado o 18 de Outubro de 2016

Onte, 18 de outubro o concelleiro de Deportes, Román Romero (á esquerda na foto), e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico Narón, Amando Guerrero

Anunciaron, que o vindeiro luns, día 24, a partir das 20.30 horas no Pazo da Cultura de Narón terá lugar a charla-coloquio “Triatlón, presente e futuro, na que participarán o pentacampión mundial e medalla de plata en Londres 2012, Javier Gómez Noya, a naronesa Sara Guerrero, triatleta internacional e quinta clasificada na Tiszaujvaros triathlon European Cup (Hungría), e David Castro (do clube La Roda, de Albacete), campión de Europa sub23 e recente gañador da Copa do Mundo de Salinas (Ecuador).

Dende o Concello e o AD Naútico Narón animanvos  a asistir,  ter en conta que a entrada  debedes recollela previamente no:

 

  •     Pazo da Cultura (en horario de mañá e tarde).
  •     Instalacións da Agrupación Deportiva Náutico Narón, no pavillón polideportivo da Gándara (só de 18.00 a 20.00).
  •     Prezo da entrada: De balde.

 

A convocatoria permitirá aos asistentes escoitar por primeira vez nun acto público a Javier Gómez Noya tras recoller o premio Princesa de Asturias dos Deportes 2016.