NOVAS

Chega a copa do mundo a Narón!

Publicado o 11 de Xaneiro de 2012

O 15 de xaneiro é unha sinalada para os amantes do deporte xa que chega a Narón a Copa Mundial de Futbol acadada pola selección española acadada no pasado Mundial de 2010.

O 15 de xaneiro é unha sinalada para os amantes do deporte xa que chega a Narón a Copa Mundial de Futbol acadada pola selección española acadada no pasado Mundial de 2010.

A concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida confirmou que estará no hall do Pazo da Cultura de Narón, con entrada libre para todos/as os que queiran admirar e fotografiarse con este trofeo, que ten unha altura de 36,8 centímetros e cinco kilos de peso.

A Copa está realizada en oro mazizo de 18 quilates e nela se representan dúas figuras que suxeitan o planeta. A Selección Española de Fútbol conseguíu o trofeo no último Mundial, celebrado no 2010 en Sudáfrica.

O horario de visita será de 12 a 14 horas, e de 16 a 20 horas. O delegado da Federación Galega de Fútbol, Manolo Mesa, entregará o trofeo ó Concello ás 12:00 horas, para a súa colocación no vestíbulo do Pazo da Cultura, onde poderá ser visitado.