NOVAS

Ciclo de Teatro Infantil en Narón

Publicado o 31 de Outubro de 2013

O Padroado de Cultura organiza un Ciclo de Teatro Infantil que se desenvolverá no Pazo da Cultura e no Auditorio Municipal da Praza de Galicia.

Cando vai comezar esta festa do teatro? A primeira cita a teremos este domingo ás 18:00 horas no Pazo da Cultura, onde a compañía Ron Lalá vai interpretar "Esos locos barrocos", unha obra pertencente ao xénero do humor, música e teatro. Está destinada a maiores de 12 anos e ten unha duración aproximada dunha hora. O prezo vai ser de 9€ para os adultos, 6´30€ @s abonad@s e 5€ co Carné Xove ou de estudante ata 25 anos.

Haberá catro pezas teatrais máis, todas elas dirixidas a nenos/as e a público familiar, e sempre os domingos ás 18:00 horas. O prezo das entradas variará dependendo do espectáculo, oscilando entre os 5€ para nenos/as e os 9€ para adultos (como máximo).

Que máis imos poder ver? Este é o programa:

Domingo 10 de novembro

  • Lugar: Auditorio Municipal
  • Compañía: Eme2 Emoción&Arte
  • Espectáculo: “O príncipe e o parrulo”
  • Xénero: Teatro Infantil
  • Público: Infantil (a partir de 3 anos)
  • Duración: 1 hora
  • Prezo: 7€ adultos / 5€ infantil

 

Domingo 24 de novembro

  • Lugar: Pazo da Cultura
  • Hora: 18:00
  • Compañía: Gorakada
  • Espectáculo: “La vuelta al mundo”
  • Público: Infantil (a partires de 6 anos)
  • Duración: 1 hora
  • Prezo: 9€ adultos / 6,30€ abonados / 5€ carne xove ou estudante ata 25 anos

 

Domingo 15 de decembro

  • Lugar: Auditorio Municipal
  • Hora: 18:00
  • Compañía: Teatro do Noroeste
  • Espectáculo: “Touporroutou da lúa e do sol”
  • Público: Infantil
  • Prezo: 7€ adultos / 5€ infantil

 

Domingo 29 de decembro

  • Lugar: Auditorio Municipal
  • Hora: 18:00
  • Compañía: Ghazafelhos
  • Espectáculo: “3, 2, 1” (Estrea)
  • Público: Infantil (a partires de 5 anos)
  • Duración: 50 minutos
  • Prezo: 7€ adultos / 5€ infantil