NOVAS

"Comunicando-Incomunicando" danza contemporánea no Pazo da Cultura: 15 de novembro

Publicado o 14 de Novembro de 2014

Danza contemporánea?

Danza contemporánea? 100% recomendada...e tedes unha nova oportunidade para achegarvos a este mundo no Pazo da Cultura de Narón!

Cando? Este sábado 15 de novembro.

Que imos poder ver? O espectáculo de danza contemporánea “Comunicando-Incomunicando” producido pola compañía Kukai Dantza. Trátase do novo espectáculo creado por Teatro Arriaga, Kukai e Tanttaka Teatroa, no que os seus autores baséanse na dicotomía entre a comunicación e a incomunicación para abrir unha ventá a un mundo de inspiración.

Quen participa nesta obra? A obra está dirixida por Mireia Gabilondo, e protagonizada por Aitor Beltrán, Miren Gaztañaga, Eneko Gil, Helena Golab, Ibon Huarte, Alain Maya, Urko Mitxelena, Iñaki Telleria e Nerea Vesga.

Canto costa? As entradas poden adquirirse nas billeteiras do Pazo da Cultura, ó prezo de 14 € para público xeral e 9,80 € para abonad@s, usuari@s de carné xove ou de estudante e desempregad@s.