NOVAS

A COMUNIDADE EDUCATIVA DE NARÓN ACORDA UN CALENDARIO DE ACCIÓNS E MOVILIZACIÓNS CONTRA O PECHE DAS ESCOLAS INFANTIS MUNICIPAIS

Publicado o 23 de Marzo de 2012

A Xunta de Galicia négase a financiar a súa parte correspondente nas xestión das garderías públicas para evitar o seu peche no curso 2012-2013.

A Xunta de Galicia négase a financiar a súa parte correspondente nas xestión das garderías públicas para evitar o seu peche no curso 2012-2013.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, os portavoces dos grupos políticos municipais (TEGA, PSOE, BNG, PP e Converxencia Galega), as ANPAS das tres Escolas Infantís Municipais (A Solaina, Piñeiros e A Gándara), e os sindicatos destas escolas (CCOO, UGT, CIG e USTG) acordaron hoxe iniciar un calendario de movilizacións para reclamar á Xunta de Galicia que se comprometa a financiar o terzo que lle corresponde na xestión destes centros para poder sacar a concurso as escolas infantis no curso 2012-2013 e evitar así o seu peche.

Na reunión de hoxe estableceuse o seguinte calendario de accións:

-Venres 23 de marzo, ás 17:00 horas no edificio de usos múltiples da Xunta de Galicia (Ferrol): entrega de firmas recollidas polas ANPAS en contra do peche das EIM, e concentración posterior.

-Domingo 25 de marzo, ás 12:00 horas na Praza de Galicia (Narón): concentración de pais, nais, sindicatos, grupos políticos e veciños/as para reclamar á Xunta que rectifique a súa postura e comprométase economicamente para evitar o peche das EIM.

-Martes 27 de marzo, ó finalizar a xornada escolar: peche de mestres, pais e nais nas Escolas Infantís Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara.

-Luns 2 de abril, ás 19:00 horas na sala de Reunións do Concello: xuntanza do Alcalde, os grupos políticos, as ANPAS e os sindicatos, para valorar as accións levadas a cabo e continuar co calendario de movilizacións no caso de ser necesarias.

O Alcalde de Narón destacou a unidade de acción de tódolos presentes na reunión de hoxe, e apelou ó sentido común por parte da Xunta de Galicia “para buscar unha solución conxunta, que evite o peche das escolas infantís no vindeiro curso escolar”. José Manuel Blanco lembrou que “hai 360 nenos e nenas que se poden quedar sen praza de gardería pública, e iso non o podemos permitir”.