NOVAS

A Concellería de Deportes de Narón abrirá en breve o prazo de solicitude para optar a subvencións deportivas

Publicado o 19 de Marzo de 2015

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, ven de lembrar ás entidades deportivas de Narón que o prazo de solicitude de subvencións correspondentes ó ano 2015 está a piques de abrirse. 

Con tal motivo, a Concelleira de Deportes recorda que para poder optar á convocatoria de subvencións para actividades deportivas, é imprescindible ter os datos do club actualizados no Rexistro de Entidades do Concello de Narón. Aqueles que aínda non teñan esta información ó día, poden descargar o impreso na páxina web de Deportes (www.padroadodeportesnaron.com / descarga de documentación).

Asimesmo, Natalia Hermida recordou que tódalas entidades que tiveran obtido algunha subvención municipal no ano 2014, teñen de prazo ata o día 31 de marzo para presentar a correspondente xustificación dos gastos no Rexistro Xeral do Concello.

A Concellería de Deportes de Narón destinará unha partida de 30.000€ a subvencionar as actividades deportivas dos clubs de Narón para o ano 2015.