NOVAS

A Concellería de Educación proxecta este venres na Biblioteca do Alto tres curtametraxes en galego

Publicado o 13 de Maio de 2015

A Concellería de Educación, dirixida por María del Carmen Espada Cortizas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza unha Proxección de Curtametraxes en Lingua Galega co motivo da conmemoración das Letras Galegas 2015.

Cando se proxectan as curtametraxes? O venres 15 de maio.

Onde? Na Biblioteca Municipal do Alto.

A qué hora? Ás 19:00 horas.

Cales serán as curtametraxes proxectadas? Cada can que lamba o seuValor de día e Narón, unha cidade XL.

Quen creou as curtas? Todos as curtas foron creadas polo alumnado do curso de "Creación de Curtas, Blogs e Literatura Popular Galega", realizado en 2014 no Concello

De qué van as curtametraxes de Cada can que lamba o seu e Valor de día? Están baseadas en contidos tirados da literatura popuñar galega e teñen un ton humorístico.

Narón, unha cidade XLPretende dar a coñecer de forma lúdica o municipio de Narón xogando co habitante 40.000 e centrando a súa trama nun grupo de monxes do mosteiro do Couto, encargados de custodiar un "elemento" que foi pasando de mans ao longo dos séculos e deberá chegar ó habitante 40.000 de Narón.

 

Estas curtas son aptas para todos os públicos e serán proxectadas de balde