NOVAS

A Concellería de Mocidade abre o luns 8 de setembro o prazo de inscrición para a Escola de Música Moderna

Publicado o 04 de Setembro de 2014

A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida

abre o vindeiro luns 8 de setembro o prazo de inscrición para asistir á Escola de Música Moderna! Xa están as clases a piques de comezar!! Tamén se abre o prazo de solicitude de uso da Aula de Ensaio para grupos noveis, en Narón tedes un oco! 

Onde facer as inscricións? As inscricións poden formalizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada no 1º andar do Concello, en horario de mañá. As persoas interesadas deberán ter entre 12 e 30 anos.

Onde están as instalacións da Escola de Música? Están na Casa da Mocidade, e permanecen abertas de luns a venres en horario de 17 a 20 horas. 

Que podedes aprender na Escola de Música Moderna? A oferta para este curso 2014/2015 é a seguinte:

  • Baixo
  • Guitarra (divididas en dous niveis: iniciación e perfeccionamento)
  • Batería.

Canto costan as clases? O prezo das clases é de 8,15 euros mensuais por alumn@.

E o aluguer da Aula de Ensaio? No caso da Aula de Ensaio, a taxa é a mesma por cada integrante do grupo, e en cada sesión de ensaio. Para empregar a aula, alomenos un dos integrantes do grupo deberá ser de Narón. 

Cando comezan as clases? Iniciaranse no mes de outubro, e os grupos iranse conformando segundo a demanda existente.