NOVAS

A Concellería de Mocidade abre o prazo de inscrición para a Escola de Música Moderna e as Aulas de Ensaio

Publicado o 28 de Outubro de 2013

A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida

Artistas musicais, xa temos a Escola de Música Moderna en marcha de novo! Matrícula aberta! Alá imos...rock n´roll like a rolling stone!

A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de abrir o prazo de inscrición para asistir á Escola de Música Moderna, e para solicitar as aulas de ensaio desta escola. As clases e ensaios darán comezo no mes de novembro e prolongaranse ata o mes de maio (ambos incluídos).

Que clases e aulas imos ter?

Guitarra

  • Grupo de Iniciación: xoves de 16:00 a 18:00 horas (máximo 8 alumnos)
  • Grupo de perfeccionamento: luns de 17:00 a 19:00 horas (máximo 8 alumnos)

 

Batería

  • Mércores de 16:30 a 18:30 horas (máximo 6 alumnos)

 

Baixo

  • Mércores de 18:30 a 20:30 (máximo 8 alumnos)

 

Aulas de Ensaio

  • Martes de 18:30 a 20:00 horas
  • Venres de 16:00 a 17:30 horas
  • Sábados de 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 17:30 horas

 

Que tedes que facer para participar?

Hai que cubrir unha instancia e presentala na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada no 1º andar do Concello. Pódese obter máis información chamando ó teléfono 981 337700 (extensión 1103) ou por correo electrónico no enderezo omix@naron.es

Quen da as clases?

As clases da Escola de Música Moderna (EMM) están impartidas por mestres profesionais, con longa experiencia na música en directo e no ensino. A intención da EMM é formar músicos, orientalos e preparalos para aprender a tocar calquera estilo, mediante un método próximo e sinxelo. Nos locais de ensaio ofrécese asesoramento musical e técnico, poñendo ó servizo dos usuarios o material necesario (baterías, percusións, amplificadores, teclado, equipo de voces, microfonía e PC).

A quen van dirixidas?

A Escola de Música Moderna está dirixida a mozos/as con inquedanzas musicais, con idades preferentes de 12 a 26 anos, e empadroados en Narón.