NOVAS

A Concellería de Mocidade pon na rúa o nº9 de Dameuntoke

Publicado o 06 de Novembro de 2013

Xa temos na rúa o novo número da nosa revista favorita: DAMEUNTOKE!

Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de editar o número 9 da revista da mocidade de Narón “Dameuntoke”.

Esta publicación, de carácter cuatrimestral, distribuirase nos os coles, os instis e edificios públicos de Narón. Concretamente en:

  • Colexio Santiago Apostol (3º e 4º de ESO).
  • Colexio Ayala (3º e 4º de ESO).
  • Colexio O Feal (3º e 4º de ESO).
  • Colexio Jorge Juan (3º e 4º de ESO)
  • IES Terra de Trasancos (3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos de FP).
  • IES As Telleiras (3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos de FP).
  • Biblioteca Municipal de O Alto
  • Casa da Mocidade
  • Pazo da Cultura

 

En total, está previsto o reparto dun total de 893 exemplares, chegarán? Bulide a por un! Voan!

 

Querede saber de que imos falar neste número?

 

  • Temos unha entrevista cunha das mellores xogadoras de fútbol sala de España, a naronesa Lidia Mesías, que nos fala da súa vida como profesional.
  • Outra das protagonistas deste número é Ana Queipo, unha rapaza de Narón que estudia no IES Terra de Trasancos e que ten moitas inquedanzas intelectuais: escribe poesía, guións de curtametraxes, fai teatro, monólogos….
  • Como sempre temos algún artigo sobre novas tecnoloxías: unha reportaxe sobre como buscar emprego a través da rede social Lindekin, e os diferentes usos que pódense dar a esta ferramenta tecnolóxica. 
  • Incluso hai un Especial sobre a Biblioteca Municipal do Alto, no que  ademáis das habituais recomendacións, pódense descubrir as listas de éxitos deste verán pasado e as últimas incorporacións: os audiolibros.
  • Outro dos temas desta publicación versa sobre as Oficinas de Atención ó Consumidor, e cómo facer valer os  nosos dereitos a través destos servizos.
  • Tamén ofrecemos consellos de saúde para aquel@s que queirades facervos un piercing ou tatuaxe.

 

Xa estades tardando en ir a por un exemplar!!