Poden asistir todas aquelas persoas de entre 18 e 30 anos de idade, xa que a entrada é libre.É necesario incribirse previamente, na Oficina de Información Xuvenil (OMIX), situada no 1º andar do Concello, ata o dia 17 de outubro.
A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, -en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia-, organiza dous Obradoiros sobre Orientación Laboral e Técnicas de Oratoria. Terán lugar na Biblioteca Municipal, os días 17 e 28 de outubro, en horario de 17:30 a 19:30 horas.
Poden asistir todas aquelas persoas de entre 18 e 30 anos de idade, xa que a entrada é libre.É necesario incribirse previamente, na Oficina de Información Xuvenil (OMIX), situada no 1º andar do Concello, ata o dia 17 de outubro.
O Obradoiro de Orientación Laboral (17 de outubro) xirará entorno a tres contidos principais: introducción ás técnicas de búsqueda de emprego, ferramentas para a búsqueda de emprego, e a entrevista de traballo.
O Obradoiro de Técnicas de Oratoria e Comunicación (28 de outubro) consta de cinco bloques: o arte de falar en público, a confianza e a seguridade persoal, a voz humana, as técnicas de presentación en público, e a elaboración e exposición de discursos ou traballos.