NOVAS

Concurso Fotográfico European Youth Card Mobilidade na Mente!

Publicado o 07 de Outubro de 2013

A ver...en Dameuntoke somos moi afeccionad@s á fotografía, non si?

A ver...en Dameuntoke somos moi afeccionad@s á fotografía, non si?

Pois temos entre mans un novo concurso de imaxes sobre a mobilidade xuvenil nos nosos tempos: a European Youth Card Association (EYCA) quere as vosas fotos! O concurso fotográfico EYCA’s Mobility In the Mind invita aos titulares da European Youth Card a mostrar imaxes relacionadas con ese tema.

Que temos de premio?

  • Para a mellor foto e comentario: Haberá 5 premios de 100€ Hostelbookers en bonos de viaxes.

 

A EYCA quere que viaxedes por Europa e que esteades abert@s a vivir novas experiencias, coñecer outra xente e outras culturas e formas de entender a vida. É por esto que vos convidan a que compartades as vosas experiencias de mobilidade, ou os vosos plan e soños como viaxeir@s.

Como tedes que facer?

Tedes que subir as vosas fotos e comentarios neste enlace: EYCA.org/galleries Só tedes que encher os detalles de contacto e aceptar os termos e condicións do concurso. O xurado da EYCA vai escoller as mellores fotos presentadas ata o 31 de outubro.

A comunicación cos/coas gañador@s farase vía email, sendo os seus nomes publicados o 8 de novembro na web de EYCA: EYCA.org

Queredes máis información?

A podedes atopar neste enlace: http://eyca.org/galleries/mobility-in-the-mind