NOVAS

Concurso "Premio Europeo Carlomagno da Xuventude"

Publicado o 04 de Novembro de 2013

Xente de Dameuntoke! Sabemos que sodes xente que se move moito, bastante activ@s! Aquí temos unha nova oportunidade de demostrar o que valemos e que somos xente creativa e integradora! Trátase do "Premio Europeo Carlomagno da Xuventude", escoitade!

Cal é o obxectivo deste Premio? O "Premio Xuvenil Europeo Carlomagno" ten por obxecto fomentar o desenvolvemento dunha conciencia europea entre @s moz@s, así como a súa participación en proxectos de integración europea.

A quen vai destinado? Á mocidade da UE ou residentes nela de entre 16 e 30 anos. Pódense presentar grupos ou persoas individuais.

En que idioma o podemos presentar? En calquera que sexa lingua oficial da EU.

Ata cando nos podemos presentar? A data límite de presentación é o 20 de xaneiro 2014.

A quen lle darán o premio? O Premio outórgase a proxectos emprendidos por moz@s nos que se fomente o entendemento, se promova o desenvolvemento dun sentido compartido de identidade europea, e ofrezan exemplos prácticos de europe@s que convivan como unha soa comunidade.

Quen outorga estes premios? O "Premio Xuvenil Europeo Carlomagno" outórgano conxuntamente todos os anos o Parlamento Europeo e a Fundación do Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán.

Cales son estes premios? Concédese un premio de 5000 € ao mellor proxecto, de 3000 € ao segundo e de 2000 € ao terceiro que ademáis serán convidados a visitar o Parlamento Europeo en Bruselas ou Estrasburgo. Pero non queda a cousa aí... van convidar aos/as representantes dos 28 proxectos nacionais seleccionados a unha viaxe de catro días a Aquisgrán, Alemaña.

Os premios outorgados ao tres mellores proxectos serán presentados polo Presidente do Parlamento Europeo e por un representante da Fundación Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán

Se queredes máis información: http://www.charlemagneyouthprize.eu/view/es/index.html