NOVAS

Concursos de música e videocreación para a promoción da campaña LIBRE

Publicado o 02 de Xullo de 2014

Músic@s de Narón! Videocreador@s de Narón! Atent@s tod@s!

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, está poñendo en marcha unha campaña baixo o título de LIBRE que ten a finalidade de fomentar a condución segura, responsable e as boas prácticas ao volante entre xente máis nova. Para darlle máis difusión a esta campaña, con especial atención ás redes sociais, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado proponvos que participedes en 2 concursos: un de música e outro de videocreación. En Narón somos moi artistas, haberá que presentarse, non si?

O lema? A técnica será libre, pero as obras deben incluir obrigatoriamente o lem LIBRE "libre de alcol, libre de preocupacións". Poderedes presentarvos individualmente ou en grupo.

Condicións: Cada autor ou autores poderanse presentar cunha única obra orixinal, inédita e en galego. 

Haberá dúas modalidades:

 

  • Concurso de videocreación: Poden participar persoas non profesionais entre 18 e 30 anos que residan en Galicia. As obras teñen que durar como máximo 3 minutos e estar montadas nun formato compatible coa difusión en medios electrónicos e redes sociais. As obras débense entregar no perfil de Facebook de Xuventude: https://www.facebook.com/xuventude.net
  • Concurso de música: poden participar grupos ou solistas de estilos musicais contemporáneos que non teñan ningún contrato con discográficas. As obras presentaranse nun formato compatible coa difusión a través de medios electrónicos e cunha duración máxima de 4 minutos. O tema será de creación propia e nunca antes editados comercialmente.As obras entregaranse no perfil de Facebook de Xuventude: https://www.facebook.com/xuventude.net

Os prazos? Os traballos poden presentarse dende o 1 ao 20 de xullo de 2014. 

O procedemento terá 2 fases:

  1. Fase de votación: As obras publicaranse no Facebook quedando accesibles para todo o mundo. Dende a súa publicación comezarase a contar o número de "Me Gusta" que obteñan. As 10 obras de cada disciplina con máis votos pasarán á seguinte fase.
  2. Fase de xurado: Unha vez seleccionadas estas serán avaliadas por un xurado. Os nomes das persoas gañadoras serán publicados na web e perfís de Xuventude nas redes.
  3.  

Precisades máis información? Calquera información sobre os concursos ou solicitudes de presentación a estes, pode obterse mediante contacto coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través de mensaxe privado á páxina de Facebook: https://www.facebook.com/xuventude.net

 

Consultade as bases completas deste concurso neste link: http://xuventude.xunta.es/2014070113635/concursos-de-musica-e-videocreacion-para-a-promocion-da-campana-libre.html