NOVAS

Coñece Europa: InterRail 2012

Publicado o 21 de Xuño de 2012

Amigos e amigas está en marcha un programa piloto de dinamización do InterRail coa finalidade de fomentar a mobilidade entre a  mocidade galega

 Deste xeito ofértase a posibilidade de viaxar en grupo acompañados dun voluntario de mobilidade en dous itinerarios distintos:

  • Itinerario 1: París – Bruselas – Amsterdam (saída o 17 de xullo de 2012)
  • Itinerario 2: París – Amsterdam – Berlín (saída o 4 de setembro de 2012)

O programa está destinado a mozos e mozas entre 18  e 30 anos de idade. O grupo sairá de Santiago e estará formado por un mínimo de 10 persoas e máximo 15. Irá acompañado dun voluntario de mobilidade quen non asumirá ningunha responsabilidade respecto ao grupo, será un apoio durante as días de viaxe, sobre todo, un apoio lingüístico.

 As inscricións

O programa está destinado aos mozos e mozas entre  18 e 30 anos de idade. Os itinerarios só se realizarán se hai un mínimo de 10 persoas e en cada itinerario admitiranse as 15 primeiras solicitudes que se reciban.

O prazos de inscrición son:

  • Itinerario 1: do 19 ao 27 de xuño
  • Itinerario 2: do 19 de xuño ao  20 de xullo


Os prezos dos billetes son InterRail Global PASS (Flexi de 10 días en 22) billete de segunda clase:

  • Xóvenes que non teñan cumpridos 26 anos o 1º día de validez do billete: 257 euros a pagar en taquilla de RENFE
  • Xóvenes que teñan cumpridos 26 anos o 1º día de validez do billete: 381 euros a pagar en taquilla de RENFE
  • Santiago  - Hendaya: 95 euros (inclúe seguro de viaxe). Esta cantidade deberá ser aboada na forma indicada no correo de confirmación da praza.

Documentación necesaria a presentar:

  • Copia do billete de interRail
  • Xustificante de pago do billete Santiago - Hendaya
  • Copia do DNI ou pasaporte
  • Copia do Carné Xove (de non ter cumplidos os 26 anos de idade)
  • Copia do Carné de alberguista internacional, no caso de necesitar aloxamento

Consulta a seguinte ligazón coa información en detalle e desfruta das túas vacacións!