Xentiña de Dameuntoke! Andades pensando en estudar idiomas?
A Concellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas de Galicia para o ciclo lectivo 2013-2014.
Podedes consultar a oferta educativa das Escolas de Idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia no seguinte DOG: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130812/AnuncioG0164-020813-0005_gl.html
Na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol este curso ides poder estudar os seguintes idiomas:
- Alemán
- Francés
- Galego
- Inglés
- Italiano
- Portugués
Na modalidade oficial xa rematou o prazo de inscrición para os niveis básicos pero non para os demáis cursos que segue aberto ata o día 11 de setembro.
Visitade a web da EOI de Ferrol para coñecer todas as actividades que desenvolven ao longo do ano: http://www.edu.xunta.es/centros/eoideferrol/