NOVAS

“Conta con Narón” comeza hoxe no Pazo da Cultura

Publicado o 03 de Marzo de 2016

A sétima edición do Festival Internacional de Narración Oral “Conta con Narón”, organizado pola Concellería de Cultura que preside a edil Marián Ferreiro, dará comezo  hoxe no Café Teatro do Pazo da Cultura.

O colombiano Nelson Calderón será o encargado de inaugurar a convocatoria, a partir das 20.30 horas, que contempla varias sesións en diferentes ubicacións da localidade desde hoxe ata o vindeiro sábado, día 5.

A programación continuará desenvolvéndose o venres cunha “Contada colectiva” no auditorio municipal, na que ademais de Calderón participarán os narradores Boniface Ofogo (Camerún), Quico Cadaval (Galicia) e Paula Carballeira (Galicia).

Outras sesións e prezo das entradas

  • Este evento comezará ás 20.30 horas e a entrada será de balde para os abonados –poden levar ata un máximo de dous acompañantes que abonarán cinco euros por localidade- e custará 7,50 euros para o público en xeral. 
  • Tamén o venres se desenvolverán sesións de narración oral –no marco deste Festival Intenacional- nos CEIP da Gándara e da Solaina e no CPI do Feal, a cargo de Nelson Calderón, Paula Carballeira e Quico Cadaval, respectivamente.
  • A convocatoria rematará o sábado, día 5, con dúas “Contadas infantís” que comezarán ás 12.00 horas. Boniface Ofogo estará no Centro Cívico Social de Xuvia e Paula Carballeira na Biblioteca municipal.