A música será a protagonista a partir das 18.30 horas, cando está previsto o inicio da actuación de A Banda do Garaxe, unha agrupación musical formada por mozas e mozos de Narón e comarca e cun nutrido repertorio do que poderán desfrutar tódolos asistentes a este acto.
A reapertura da Axencia de lectura da Casa da Mocidade, na Gándara, terá lugar hoxe venres a partir das 17.30 horas. Para esta ocasión o Concello deseñou unha programación pensada para o público familiar e infantil, que dará comezo co contacontos Basilicamente, as marabillosas ideas do señor Basilio, a cargo de Carlos Coira e dirixido a nenas e nenos a partir de 4 anos. O espectáculo ten unha duración aproximada dunha hora e narra diversas aventuras dun curioso bibliotecario.
A música será a protagonista a partir das 18.30 horas, cando está previsto o inicio da actuación de A Banda do Garaxe, unha agrupación musical formada por mozas e mozos de Narón e comarca e cun nutrido repertorio do que poderán desfrutar tódolos asistentes a este acto.
Desde o Concello de Narón convidouse a asistir ás veciñas e veciños que queiran ver estes espectáculos e, ao mesmo tempo, comprobar as melloras que se realizaron nestas instalacións municipais, que contan agora con novos fondos bibliográficos dirixidos á xuventude.