NOVAS

Contacontos para bebés na Biblioteca do Alto

Publicado o 14 de Novembro de 2014

A Biblioteca Municipal do Alto acolle este sábado 15 de novembro o espectáculo

"Soñei que era unha árbore" producido pola compañía Avoa Youja. Trátase dun Contacontos para bebés entre 0 e 36 meses.

Haberá dobre sesión, co seguinte horario:

 

  • De 11:30 a 12:00 h: para bebés entre 19 e 36 meses.
  • De 12:30 a 13:00 h: para bebés entre 0 e 18 meses.

 

Cada bebé poderá vir acompañado dunha persoa adulta :)

O número de prazas é limitado. Para reservar tedes que facelo de maneira presencial no mostrador da biblioteca ou chamando ó teléfono 981 382 173.