NOVAS

Convenio deportivo co Club de Golf Campomar

Publicado o 07 de Maio de 2013

O Concello, representado polo Alcalde, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida; e o Club de Golf Campomar asinaron un convenio de colaboración para fomentar e practicar este deporte dende as categorías base ata a senior

Este acordo obriga a este clube asentado no Val a fomentar e practicar o golf: promocionando, coordinando e desenvolvendo calquera actividade relacionada co mesmo, dende as categorías de base ata a senior.

Como compensación, percibirá unha achega anual de 12000 euros. O convenio ten unha duración dun ano, do 1 de xaneiro ao 31 de decembro do 2013.

Se vos gusta este deporte e queredes achegarvos a esta disciplina podedes visitar a web do Club de Golf Campomar http://www.clubcampomar.com/inicio e coñecer algo máis sobre el.