O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou dous convenios de colaboración coas entidades Club de Tiro do Arco e o Club A Fervenza de Fútbol Sala Feminino, ambos en materia deportiva.
O acto contou tamén coa asistencia da Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida.
O convenio co Club Arco, asinado co presidente do club, Anxo Grandal, establece unha aportación municipal de 18.000€ para esta práctica deportiva por parte do club naronés.
O convenio co Club A Fervenza de Fútbol Sala Feminino foi asinado coa presidenta desta entidade, Eulalia Mouriz. Esta agrupación deportiva recibirá 6.000€ para a práctica deste deporte.
Ambos convenios teñen unha vixencia anual, correspondente ó ano 2012.