Convócanse 3 bolsas de creación artística no estranxeiro, destinadas a artistas plásticos ou visuais nados ou residentes en Galicia, que non teñan cumpridos os 35 anos o 31 de decembro de 2011
Convócanse 3 bolsas de creación artística no estranxeiro, destinadas a artistas plásticos ou visuais nados ou residentes en Galicia, que non teñan cumpridos os 35 anos o 31 de decembro de 2011
As bolsas serán efectivas a partir do 1 de outubro de 2011 e o seu aproveitamento finalizará o 31 de marzo de 2013. É dicir, terán unha duración máxima de 18 meses. Os beneficiarios acreditarán un mínimo de 5 meses de residencia no estranxeiro dentro deste período de tempo.
Cada unha das bolsas estará dotada con 16000 euros.
Gas Natural Fenosa facilitará ó bolseiro un seguro de asistencia en viaxe e estancia, cubrindo a totalidade do período de aproveitamento da bolsa no estranxeiro.
Os aspirantes deberán presentar entre os días 1 de maio e o 15 de xuño de 2011, nas dependencias do Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña), en horario de 11:00 a 14:00 e 17:00 a21:30 hrs. de martes a sábados, e de 11:00 a 14:00 domingos e festivos, cos luns pechado, a seguinte documentación:
- Datos persoais e CV, profesional e artístico.
- Reprodución en formato dixital (CD ou DVD) de cando menos 10 das súas obras artísticas.
- Memoria detallada do traballo artístico que pretenden realizar, con especificacións dos seus fíns, medios e prazos de execución e a expresa xustificación de que este traballo teña que se realizar necesariamente forá de España.
- Aceptación escrita das presentes bases.
O remate do período de vixencia da bolsa, o beneficiario presentará un memorándum do traballo realizado, con especificación de conclusións
e resultados, que deberá ser aprobado polo Xurado.