NOVAS

Convócanse os Premios “Buero” de Teatro Novo 2014/2015

Publicado o 09 de Decembro de 2014

Se tes entre 14 e 21 anos e estás inmerso no mundo do teatro esta é a túa oportunidade

Para participar nalgunha destas categorias:

 

  • Categoría escolar, para grupos pertencentes a centros de ensinanza, públicos ou privados, cuxos membros cursen estudios de 2o Ciclo de ESO, Bacharelato ou Formación Profesional.
  • Categoría non escolar, para grupos de teatro aficionado pertencentes a outros centros, tales como: escolas de teatro, asociacións culturais, compañías independentes, etc.

 

O prazo para inscribirse remata o 15 de abril de 2015 inclusive e faise en tan só tres pasos:

  1. Encher o formulario de inscrición que se atopa en www.fundacioncocacola.com. Ver Anexo das bases ("Formulario de Inscripción").
  2. Enviar un video que conteña o/s Montaxe/s Teatral/is presentado/s ó Concurso. Acompañado/s de: título da obra, nome do Grupo, nome do Centro ó que pertencen e Comunidade Autónoma.
  3. Enviar un mínimo de dúas fotos do montaxe e/o grupo coa maior calidade (mínima de 200kb) ó e-mail: teatrojoven@fundacioncocacola.com indicando nome do Grupo, titulo do montaxe ó que pertencen as fotos e Comunidade Autónoma.

Realizarase unha inscrición por cada Montaxe Teatral que se presente ó Concurso.

As obras podrán ser representadas en calquera das lenguas oficiais do Estado, con liberdade de tema, xénero e forma. A duración estará comprendidad entre 45 e 120 minutos, existindo excepcións.

Os grupos deberán estar compostos por un máximo de 30 integrantes, podense incluir dous Responsables do Grupo, nas bases do concurso contemplanse excepcións.

O concurso ten dúas partes:

 

  1. A primeira é a Fase Autonómica e desenvolverase entre abril e xunio de 2015, os xurados autonómicos elixen os montaxes ganadores de cada comunidade autónoma.  Premios: ó mellor Montaxe Teatral escolar, ó mellor Montaxe Teatral non escolar e diversos premios tanto na categoría escolar como non escolar e que valoran a interpretación, dirección, escenografía...
  2. Posteriormente vai a Fase Nacional de xunio a xullo de 2015 un xurado Nacional designa, entre todolos ganadores autonómicos, os catro mellores montaxes (3 escolares e 1 non escolar), que representarán as súas obras, dentro da Semana de Teatro Xoven, nun prestixioso teatro de Madrid, entre outros premios e actividades.

 

Entidades organizadoras: a Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.