NOVAS

Convocatoria das axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove 2013

Publicado o 26 de Abril de 2013

O pasado 18 de abril saíron as bases da convocatoria de axudas enmarcadas dentro do programa Iniciativa Xove.

Que é Iniciativa Xove? É un programa que se pon en marcha dende a Dirección Xeral de Xuventude e de Voluntariado.

En que consiste? Trátase dunha liña de axudas pensadas para que a xente nova poida desenvolver ideas que logo se transformen en proxectos e iniciativas de interese para a mocidade e a sociedade en xeral.

Pódese participar de dous xeitos:

  • A través de grupos informais de moz@s
  • Asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas

 

As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmo, fomentando a participación, o axeitado uso do tempo de lecer, a calidade de vida e o benestar, mediante os proxectos integrais e específicos de actuación que vaiades propoñendo.

Os proxectos terán que estar dirixidos á mocidade da nosa comunidade autónoma e poderanse desenvolver dende o 1 de xaneiro ao 30 de outubro.

Quen pode solicitar estas axudas?

  1. Os grupos informais de moz@s que queran desenvolver un proxecto de iniciativa xuvenil e que  cumpran os requisitos indicados na orde da convocatoria. O grupo ten que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 10 persoas, con idades entre os 18 e os 30 anos, que sexan residentes en Galicia, ou de residir no extranxeiro que teñan a última veciñanza aquí.
  2. As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á xuventude e ás súas respectivas federacións, para o que terán que estar inscritas no censo da DXXeV.

 

O prazo de presentación das solicitudes: Un mes dende a publicación no DOG.

Deixámosvos un PDF para descargar toda a información referida a este programa de axudas.

Para calquera outra información que precisedes podedes chamar ao 981544866/981957057, ou escribir ao enderezo electrónico:institutoxuventude.ctb@xunta.es