NOVAS

Convocatoria de subvencións municipais 2014

Publicado o 14 de Marzo de 2014

A Concellería de Acción Social e Participación Cidadá de Narón, dirixida pola edil Catalina García, ven de anunciar a convocatoria de subvencións municipais 2014, por importe conxunto de 30.000 €.

A Concellería de Acción Social e Participación Cidadá de Narón, dirixida pola edil Catalina García, ven de anunciar a convocatoria de subvencións municipais 2014, por importe conxunto de 30.000 €.

O Concello convoca axudas a asociacións e outras entidades de ámbito municipal, nas seguintes áreas:

  • socioeducativa
  • sociocultural
  •  igualdade
  • discapacidade
  • drogodependencia
  • infancia
  • inmigración e minorías étnicas
  • maiores
  • de prestacións de servizos locais básicos
  • participación cidadá
  • mocidade
  •  medioambiental
  • e saúde.

 

Prazo: As solicitudes pódense presentar no Rexistro Xeral do Concello ata o 31 de marzo (incluído).