A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida pola edil María Rodríguez Porto, ven de convocar un Curso de Fotografía Dixital dirixido a tódolos públicos.
Non é preciso ter coñecementos previos de imaxe, e no mesmo abarcaranse tódolos aspectos fundamentais da fotografía.
- Data de inicio: a partires do 7 de xuño
- Duración: catro fins de semana consecutivos
- Inclúe: clases teóricas e safaris fotográficos
Os participantes poderán formar parte da elaboración dunha guía natural de Narón, que inclúe unha rodaxe con filmacións aéreas e gravacións dende terra. Ademais, as fotografías realizadas por eles exporanse no Pazo da Cultura, durante o Congreso de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza do proxecto ‘El Viaje Polar’, que se celebrará o 13 de setembro de 2014.
- Prazas limitadas: reservaranse por rigurosa orde de inscrición, ata o 5 de xuño de 2014
- Matrícula: 50€
- Horario: Sábados de 16 a 18.30h. clases teóricas - Domingos: saídas fotográficas
- Inscrición: na páxina do padroado de Cultura www.padroadodecultura.es
O principal obxectivo do Curso de Fotografía Dixital é aprender a realizar fotografías dixitais de calidade, para o que resulta preciso coñecer o funcionamento completo da cámara. Aplicaranse ademais as novas tecnoloxías á fotografía dixital, a través do tratamento informático da imaxe para mellorar o resultado final
Índice do curso:
- A Luz e a formación de imaxes
- Partes da cámara
- ¿Que cámara debo mercar?
- Características a ter en conta á hora de mercar unha cámara
- Tipos de cámaras
- Cámaras recomendadas
- O sensor
- Apertura
- Velocidade
- Como interpretar os valores
- Fotografía en modo automático
- Fotografía en modo semiautomático
- Fotografía en modo manual
- Tipos de arquivos
- Iso
- Enfoque
- Medición
- Composición
- Cor
- Balance de brancos
- Obxectivos
- Accesorios
- Mantemento
- Tratamento dixital