Queredes ser mestr@s de autoescola? Pois xa temos por onde comezar a prepararnos! A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) convoca un Curso para obter o certificado de aptitude de profesor de formación vial.
O curso, que terá carácter teórico e práctico, constará de dúas fases:
- unha de ensino a distancia
- outra de formación presencial no centro onde o curso se celebre.
As quendas da fase de presencial terán lugar en Alicante, Cantabria, Madrid, Málaga, As Palmas de Gran Canaria, Palma de Mallorca, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia, Valladolid e Zaragoza.
Para acceder a estes cursos haberá que pasar unha proba previa de selección que consistirá na realización de dúas probas eliminatorias, unha teórica e outra práctica.
- A proba teórica versará sobre normas relativas a condutores, vehículos e circulación, sinais reguladores da circulación e cuestións de seguridade vial. Ollo! Vai ter carácter eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito, en impreso facilitado ao efecto, a un cuestionario de 30 preguntas, seguindo un sistema de elección múltiple.
- A proba práctica versará sobre técnica e dominio da condución e circulación en vías abertas ao tráfico, e terá unha duración mínima de 25 minutos.
Cales son os requisitos?
- Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria ou de Técnico (Formación Profesional de Grao medio) ou acreditar documentalmente que se posúen estudos equivalentes ou superiores.
- Ser titular do permiso de condución da clase B que habilita para conducir vehículos con cambio de marchas manual, polo menos, cunha antigüidade mínima de dous anos.
- Posuír as condicións psicofísicas e psicotécnicas que actualmente se esixen para a obtención dun permiso do grupo 2.
Hai prazo de inscrición? Pois claro, o prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de febreiro de 2015.
Precisas máis información? A podes atopar no BOE do 9 de xaneiro de 2015 e en www.dgt.es