NOVAS

Curso on-line de “Mediación Intercultural”

Publicado o 03 de Setembro de 2013

A Cruz Vermella lanzou un novo curso online de Mediación Intercultural

para maiores de 16 anos e cunha duración máxima de 2 meses. O curso pretende aportar coñecementos tanto da diversidad socio-cultural que se está vivindo actualmente no país, como das formas de traballar con elas desde a mediación.

Aprenderás técnicas de comunicación para a prevención e resolución de conflitos socio-culturais, tendo como eixe principal a filosofía intercultural. Logo de finalizado o curso e aprobada a avaliación final obterás un Diploma Acreditativo do curso da Cruz Vermella Española.

Periodo de inscripción: Do 12 de agosto de 2013 ao 16 de setembro de 2013.

Precio: 130 euros.

Máis información: http://www.cruzroja.es