NOVAS

Curso Online: Voluntariado. Nivel Básico 2013.

Publicado o 14 de Xaneiro de 2013

Voluntariado

Se vos interesa o tema do voluntariado, aquí tedes un curso online, gratuito e sen límite de prazas organizado por voluntariadogalego.org.

O curso desenvolverase durante un mes, entre o 8 de febreiro e o 8 de marzo do 2013, cunha duración de 25 horas.

Podédesvos apuntar do 7 de Xaneiro ao 7 de febreiro ás 14:30 horas.

Este acción formativa vai destinada preferentemente a persoal técnico e voluntarios de entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia, pero non está pechada, así que calquera se pode apuntar, ampliar o seu curriculum ou desenvolver as súas inquietudes.

Os contidos do curso son os seguintes:

Modulo I: Participación social e acción voluntaria - Formas de participación social

  • O fenómeno da acción voluntaria I
  • Historia da acción voluntaria

 

Módulo II: As persoas voluntarias - Definición e perfil das persoas voluntarias

  • Funcións das persoas voluntarias
  • Motivación das persoas voluntarias
  • Actitudes e aptitudes das persoas voluntarias
  • Dereitos e deberes das persoas voluntarias

 

Módulo III: As entidades de acción voluntaria - Definición e tipos de entidades de acción voluntaria

  • As relacións das entidades de acción voluntaria e as persoas voluntarias I
  • As persoas destinatarias da acción voluntaria

 

Módulo IV Sectores de actuación da acción voluntaria - Actividades de interese xeral

  • A complementariedade da acción voluntaria

 

Módulo V: Marco normativo da acción voluntaria en Galicia - Lei 10/2011 de acción voluntaria I

  • Outros marcos normativos

 

Para apuntarvos, tedes que encher o formulario que se atopa na web de voluntariadogalego.org e seguir as instruccións que ahí se indican:

http://www.voluntariadogalego.org/voluntariado/index.php?mod=cur&idc=76