NOVAS

Cursos de condución segura

Publicado o 20 de Setembro de 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Paricipación e Voluntariado convoca unha nova edición dos cursos de condución segura.

O obxectivo destes cursos de formación gratuítos é achegar á mocidade actitudes seguras no uso do vehículo. De que xeito? Dando a coñecer os factores de riso, os sistemas de seguridade dos auto móbiles e algunas técnicas de condución.

A quen vai dirixido?

Mozas e mozos entre 18 e 30 anos. Ollo, que saiban conducir! Aínda que non é preciso ter licencia.

Onde se fan estes cursos?

Na Escola Galega de Condutores San Martín SL. Esta escola no Polígono Industrial de Teixeiro, en Curtis, na provincia da Coruña, concretamente na Plataforma de Estacionamento, nº2.

A manutención e os gastos do desprazamento ata o lugar onde se desenvolve a formación corren de conta das persoas participantes.

Cando son?

Os cursos desenvólvense nos meses de setembro e outubro de 2016:

  • 23, 24, 25 e 30 de setembro.
  • 1 e 2 de outubro

 

E para inscribirse?

O número de prazas é de 15 por día, tendo un mínimo diario marcado de 8 asistentes.

A inscrición faise por correo electrónico a partir do 16 de setembro!

A selección das persoas participantes farase por orde de solicitude, ata cubrir o máximo diario. As persoas con praza recibirán un correo nos seus buzóns coa boa nova, a máis tardar ás 13:00 horas do día anterior á realización do curso. Se non chega o correo, debemos entender que non obtivo praza.

Ao comezo do curso as persoas responsables da formación solicitarán o DNI ou similar.

Nesta ligazón á páxina de VoluntariadoGalego.org atoparás o formulario de inscrición.

+ información

O curso ten unha parte teórica e outra práctica. A práctica inclúe aula virtual e técnicas de condución.

O programa diario é o seguinte:

  1. 08:55 horas => Recepción e entrega de documentación
  2. 09:00 horas => Clase práctica nun simulador de superficies esvaradías.
  3. 10:00 horas => Clase teórica.
  4. 12:00 horas => Clase práctica sobre como frear co ABS.
  5. 12:45 horas => Clase práctica sobre como frear con avaría.
  6. 13:30 horas => Clase práctica de slálom.
  7. 14:30 horas => Clase práctica do Círculo de Kann.
  8. 15:30 horas => Aula técnica.
  9. 15:45 horas => Fin da xornada.
  • Recoméndase levar calzado axeitado e roupa de abrigo.

Interésache?

Solicita información no correo: subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 58 22 e 981 545 937.