O Concello de Narón na aula CEMIT, situada na antiga Casa Consistorial de Xuvia, está a organizar novos cursos.
Entre a oferta formativa atopanse cursos de formación especializdos en Tv en Internet, Deseño gráfico, Retoque fotográfico, Streaming de audio e vídeo, Community Manager, Produción audiovisual, e Creación de contidos Multimedia e Web 2.0.
En paralelo tamén se desenvolverá cursos específicos sobre a administración dixital para o personal do Concello.
As actividades confirmadas ata o momento son:
- Cursos de formación especializados: Tv en Internet, Deseño gráfico, Retoque fotográfico, Streaming de audio e vídeo, Community Manager, Produción audiovisual, e Creación de contidos Multimedia e Web 2.0.
- Cursos específicos sobre administración dixital para persoal do Concello de Narón.
- Cursos para entidades de Narón.
A Aula aberta (a aula CEMIT) abrirá as súas portas de xeito diario, durante dúas horas ao día nas que os usuarios poderán facer uso destas instalacións).