NOVAS

Cursos Habilita 2013: Entrega de diplomas

Publicado o 05 de Febreiro de 2014

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, entregaron o pasado 31 de xaneiro os diplomas do curso de “Manipulador de Alimentos”, do plan Habilita 2013.

En total 20 alumn@s participaron neste curso, de 6 horas de formación que se desenvolveu en decembro do pasado ano. A Concelleira sinalou que estes cursos "os pode permitir a entrada en certos ámbitos do mercado laboral, coma o comercio ou a hostalería”.

“Habilita 2013”, foi unha iniciativa de formacion na que se desenvolveron 22 cursos de formación durante o pasado decembro. O orzamento total deste itinerario formativo é de 30.000€.

Estes cursos estiveron dirixidos a persoas desempregadas, veciñ@s de Narón. Os cursos foron de cortos (dende as 10 horas dos máis breves ata as 60 horas dos máis longos) o que permitíu ós beneficiarios asistir a varios en poucos días.

O programa Habilita 2013 tamén ten un carácter polivalente, o que faculta ós asistentes a aplicar as distintas técnicas aprendidas a diferentes ocupacións ou profesións.

O Alcalde destacou a importancia destes cursos: "nesta situación de crise económica o fundamental é prepararse. E dentro das competencias limitadas que temos os concellos, en Narón imos poñer todo da nosa banda para que teñades tódalas oportunidades de formación que poidamos ofrecervos".

Sabedes onde podedes obter información e orientación sobre emprego? No Servizo de Orientación Laboral do Concello de Narón.

Onde queda? Está no entrechán da Casa do Concello...Kdamos?