O Concello de Narón ten aberto o prazo de inscrición dos cursos de preparación para a obtención dos títulos Celga.
O Concello de Narón ten aberto o prazo de inscrición dos cursos de preparación para a obtención dos títulos Celga.
Son cursos de lingua galega completamente gratuitos que preparan ao alumno/a para a obtención dos títulos Celga 1,2,3 e 4.
Sabedes que é eso do CELGA? O CELGA é un sistema de certificación de lingua galega, adaptado a un marco común europeo de referencia das linguas. Está dividido en diferentes niveis de lingua: Celga 1, Celga 2,... Cada un destes niveis recolle as habilidades que reflexan a competencia dunha persoa no seu desenvolvemento no uso desa lingua.
Para que valen? É moi útil á hora de buscar emprego, xa que certifican de forma oficial que cumprides cuns requisitos en materia de coñecemento da lingua galega. Se queredes máis información sobre o CELGA podedes visitar esta dirección: http://www.xunta.es/linguagalega/certificados.
Non vos despistedes! Ofértanse só 30 prazas por curso e hai bastante demanda.
As persoas interesadas deberán cubrir o impreso de matrícula, adxuntar o DNI e presentar esta documentación no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres, entre as 08:30 e a 13:30 horas. O prazo remata o 25 de xaneiro do 2013.
Os cursos vanse desenvolver no Centro de Formación "Irmás Froilaz", na Gándara do 1 de abril ao 20 de maio, de luns a venres co seguinte horario:
- Celga 1 e Celga 3: de 09:30 a 11:30 horas
- Celga 2 e Celga 4: de 11:30 a 13:30 horas
Os exames realizaranse en xuño do 2013.
Andade listos e mellorade o voso CV!!