NOVAS

Depornadal 2013: 11 actividades deportivas para nen@s de Narón

Publicado o 11 de Decembro de 2013

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou onte en rolda de prensa o programa de ocio deportivo Depornadal 2013, dirixido a neno@s de 6 a 12 anos de idade empadroados en Narón e de carácter gratuito.

Trátase dunha alternativa de ocio saudable para as vacacións do Nadal, pensada tamén para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, tal e como indicou a edil de Deportes.

Depornadal 2013 vai ter lugar os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e o 2 e o 3 de xaneiro.

Que deportes imos poder practicar? 11 disciplinas deportivas diferentes

  1. Tenis de Mesa
  2. Tiro con Arco
  3. Natación
  4. Judo
  5. Balonmán
  6. Voleibol
  7. Padel
  8. Fútbol sala
  9. Baloncesto
  10. Patinaxe
  11. Atletismo

 

Cada día realizaranse dúas actividades diferentes de unha hora e media de duración (de 10:00 a 11:30 e de 11:30 a 13:00 horas) en función do número de inscritos. O horario será sempre de mañá.

Onde se vai poder xogar? Os lugares nos que se desenvolverán as actividades deportivas serán os seguintes:

  • Polideportivo de A Gándara,
  • Pavillón da Mocidade,
  • School Padel Center,
  • e San Mateo Centro de Pádel.

 

Tedes de prazo ata o día 18 de decembro para apuntarvos no Complexo Polideportivo de A Gándara (polas mañás nas oficinas de 9:00 a 13:00 horas e polas tardes na conserxería de 15:15 a 23.00 horas).

A orde e o lugar das actividades poderase consultar na páxina web do Padroado de Deportes do Concello de Narón (http://www.padroadodeportesnaron.com/) e nos taboleiros de anuncios dos pavillóns municipais de Narón a partires do 20 de decembro.

Os participantes deberán traer roupa axeitada para a práctica deportiva (como tenis e chandal). Ademáis, no caso da Natación deberán saber nadar e traer bañador, gorro e chanclas. E para o Patinaxe, deberán traer patíns.

Depornadal 2013 conta coa colaboracións dos seguintes clubes deportivos:

  • Club Cidade de Narón,
  • Club Arco de Narón,
  • A.D. Náutico de Narón,
  • Club Narón Volea,
  • Club Tenis de Mesa de Narón,
  • School Padel Center,
  • San Mateo Centro de Pádel,
  • A.D. Santiago Apóstol,
  • Judo Club Narón,
  • Atletismo Narón,
  • e Sobrerodas Patinaxe.