NOVAS

Depornadal 2014 rexistra un total de 111 nen@s inscritos nas distintas actividades deportivas, principalmente en Tiro con Arco e Patinaxe

Publicado o 22 de Decembro de 2014

O programa de ocio deportivo Depornadal 2014, dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos de idade empadroados en Narón e de carácter gratuito, ten rexistrado un total de 111 inscricións.

Esta alternativa de ocio programada polo Padroado de Deportes de Narón se desenvolverá os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro de 2014, e 2 de xaneiro de 2015, ofertándose cada día dúas actividades diferentes de 90 minutos de duración. Os deportes se levarán a cabo no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, no Pavillón da Mocidade, no School Padel Center, no Pavillón Campo da Serra e no San Mateo Centro de Pádel.

Neste programa están incluídas un total de 11 disciplinas deportivas: Tenis de Mesa, Tiro con arco, Natación, Judo, Balonmán, Voleibol, Padel, Fútbol-sala, Baloncesto, Patinaxe e Atletismo.

Os deportes máis demandados en Depornadal 2014 son o Tiro con Arco (82 inscritos), o Patinaxe (80), o Baloncesto (74), o Balonmán e o Voleibol (72 cada un deles), e o Padel (71). Séguenlle o Tenis de Mesa (69), a Natación (68), o Atletismo e o Fútbol Sala (62 cada un) e o Judo (59).

Depornadal 2014 conta coa colaboracións dos seguintes clubs deportivos: Club Cidade de Narón, Club Arco de Narón, A.D. Náutico de Narón, Club Narón Volea, Club Tenis de Mesa de Narón, School Padel Center, San Mateo Centro de Padel, A.D. Santiago Apóstol, Judo Club Narón, Atletismo Narón, e ACD Gazapo.