NOVAS

DeporNarúa 2013: vémonos o domingo 15 de setembro no barrio de A Gándara!

Publicado o 13 de Setembro de 2013

Xa está aquí, xa temos a edición deste ano de DeporNarúa!

Xa está aquí, xa temos a edición deste ano de DeporNarúa!

A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de convocar unha xornada de deporte na rúa “DeporNarúa 2013” que se desenvolverá o domingo 15 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, na praza Gándara Park e arredores.

Que deportes imos poder practicar?

Van ser diferentes tipos de deportes e ectividades...e todas de balde! Só tedes que aportar enerxía!

  • Baloncesto 3x3
  • Tenis de mesa
  • Tiro con arco
  • Patinaxe e Free-style
  • Spinning e Power Pump
  • Judo e Kick-Boxing
  • Xogos populares
  • Inchable
  • Parque Biosaludable
  • Remo

 

Dispositivo de tráfico especial: ide avisando!

Para que se poidan desenvolver estas actividades na praza e nos arredores, deseñaron dende a Policía Local un dispositivo especial de tráfico polo que non se vai poder estacionar na rúa Nicasio Pérez, dende as 08:00 ás 14:30 horas. Ademáis as rúas Mendiño, Pintor Sotomaior (tramo entre Nicasio Pérez e Mendiño) e Vigo (no mesmo tramo que na anterior) van permanecer pechadas ao tráfico e coa prohibición de estacionar nesas horas.

Quen colabora?

DeporNarúa 2013 está promovido polo Padroado de Deportes do Concello de Naron co que colaboran as seguintes entidades:

  • Agrupación Deportiva Santiago Apostol
  • Club Tenis de Mesa Cidade de Narón
  • Arco Narón
  • Judo Club Narón
  • Kick-Narón
  • Sobre Rodas
  • Beni Gym
  • Sedega
  • ONG Lena
  • Coca Cola

 

E se chove?

En caso de choiva, as actividades suspenderanse ata novo aviso.

Vémonos!