NOVAS

Día Internacional das Bibliotecas - 24 de outubro

Publicado o 24 de Outubro de 2016

Este luns día 24 celebrarase no municipio naronés varios actos organizados pola concellería presidida pola edil Mercedes Taibo ;para celebrar o "Día Internacional das Bibliotecas"

 Os primeiros actos terán lugar este mesmo día nunha xornada de portas abertas de 11:00 a 12:00 para o público adulto e de 18:00 a 19:00 para todas as idades.

As/os interesadas/os en asistir deberedes anortavos previamente, dende o venres 21 ata o 24 pola mañá no mostrador da Biblioteca municipal ou chamando ao número de teléfono 981 382 173.

Entre outras actividades que terán lugar é a de «Trocolibros» para o que se instalará na planta baixa da Biblioteca unha mesa na que se poderán ver os diversos exemplares e realizar o intercambio ou, no caso de así desexalo, levar algún libro aínda que no se deixe outro a cambio.

O mesmo día 24 celebrarase un curso de «Manexo básico do smartphone», no que participarán 8 persoas e que se desenvolverá na Casa da Mocidade ata o 29 de outubro de 19:00 a 21:00.

O día 29 deste mes «trasladarase» a Biblioteca á praza de Galicia de 10:30 a 14:00 e desde as 16:30 ata as 19:30.

O 29 celebrarase tamén entre as 11.00 e as 12.00 unha sesión de contacontos a cargo de Manuel Solla, baixo o título: “Conto contigo”, trátase dunha xornada na que se busca a implicación dos nenos e nenas, que poderán gozar de divertidas sesións de contacontos, títeres, maxia e animación partindo do mundo dos libros como eixo central, pola tarde, de 17.00 a 19.00, desenvolverase un obradoiro de chapas personalizadas e graffiti, unha actividade na que de novo a biblioteca e os libros serán o tema central.

Así mesmo, nas instalacións da Biblioteca pode verse estes días a mostra fotográfica “A Biblioteca está presente”, na que se destaca o papel das bibliotecas en diferentes ámbitos. A exposición permanecerá instalada ata o 29 de outubro e poderá verse no horario de apertura da Biblioteca municipal (de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 e os sábados desde as 10.00 ata as 13.00).

Non deixar pasar esta ocasión, e apuntádevos.