NOVAS

Día Internacional das persoas con diversidade funcional: programa de actos do Concello de Narón

Publicado o 01 de Decembro de 2016

Os actos programados desde o Concello con motivo do Día Internacional das persoas con diversidade funcional desenvolveranse nas instalacións do Centro Comercial Dolce Vita Odeón.

Queres participar? Achégate!!

A partir das 16.30 horas:

  1. Mesa informativa sobre “Modificación da capacidade de tutela”, na que intervirán Moisés Lamigueiro, responsable do programa de Atención ás Familias de Fademga; María José Fernández, avogada de Fademga, e José Luis Oñate, responsable da área de Traballo Social e do Programa de Familias da Asociación Nuestra Señora de Chamorro. OLLO!! A cita ten o aforo limitado a cen persoas, pois vai ter lugar no local que ocupaba na planta baixa de Odeón o establecemento Oysho.

Ás 18.15 horas:

  1. Mesa informativa no mesmo lugar, a cargo de Rocío Torres, directora da residencia Santa Ángela de la Cruz, para persoas con sordocegueira e de Cristina Casteleiro, nai dun neno de Narón con diversidade funcional. Torres informará ás persoas que acudan ao acto do proxecto educativo do centro e dos servizos da residencia, mentres que Casteleiro impartirá a ponencia “Vivencia do nacemento de Lucas”. Esta segunda mesa rematará sobre as 19.30 horas, según as previsións.

Hoxe non rematan as actividades: o venres siguen os eventos!!

Entre as 10:00 e as 14:00 horas e entre as 16:00 ata as 20:00 horas:

  1. Mesas informativas das distintas asociacións de diversidade funcional, nas que se poderá recibir información sobre a diversidade.

Entre as 18.00 e as 19.30 horas:

  1. Obradoiros interactivos con finalidade lúdica e educativa monitorizados polas entidades e abertos á participación do público en xeral.

Este ano participan na “Mostra interactiva sobre inclusión social de diversos colectivos”, na que se enmarcan todos os actos citados anteriormente, entre outros a: Asociación ASCM, a Asociación Vida Activa, Aspanaes, Aspanemi, Chamorro, Aspaneps, Cogami, Afaes, Teima, Fademga, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas, Asociación de Persoas Xordas de Ferrol e o Centro residencial e unidade de día Santa Ángela de la Cruz (Apascide).

Así mesmo, o mural “Todos e todas somos parte dun colectivo con diversidades funcionais”, realizado por alumnas e alumnos de sexto curso de Primaria do colexio Jorge Juan poderá verse en Odeón ata mañá venres.

Imos logo???