NOVAS

¿E se me fallan os freos? Solución: Curso de Condución Segura

Publicado o 15 de Outubro de 2012

Se máis dunha vez vendo unha película de acción quedastes pensando en que fariades se vos fallasen os freos do coche esta é a vosa oportunidade de aprender a reaccionar ante situacións de risco na estrada.

Estanse a desenvolver en Curtis unha serie de cursos gratuitos de formación en condución segura. Estes cursos son gratuitos e están dirixidos a aqueles/as mozos e mozas galegos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos que saiban conducir. O único requisito é contar co Carné Xove. Se non o tedes, lembrade que o podedes obter por 6 € na OMIX no noso Concello, situada na primeira planta, en horario de 8:30 a 13:30 horas de luns a venres.

Nestas xornadas ensinaranvos aquelas condutas seguras que debedes manter ao volante do voso vehiculo, indentificaredes os factores de risco na condución, as técnicas máis axeitadas no manexo do volante e os sistemas de seguridade máis comuns nos automóbiles. Como xa suporedes haberá unha parte teórica e outra práctica. Na parte práctica faredes probas en simuladores de superficies esvarantes e de curvas (slalom), practicaredes a freada con ABS e a freada con avaría, e poderedes conducir nun circuito de 1400 metros poñendo a proba o aprendido durante a xornada.

¿Onde tedes que ir? Teredesvos que achegar ás instalacións da Escola Galega de Condutores San Martín, situada no Polígono Industrial do Concello de Curtis, que é onde se está a desenvolver esta iniciativa.

Se vos preguntades, cando son estes cursos, aquí tedes as datas:

  • 6-7 de outubro (xa concluído)
  • 3-4 de novembro
  • 24-25 de novembro

 

Estades a tempo de disfrutar aprendendo, pero se queredes asistir contade con que hai só 18 prazas por día, e a selección de participantes é por orde de inscrición, así que non deixedes pasar máis o tempo, apuntádevos canto antes nos teléfonos 981 544 854 e 981 544 645 ou enchendo este formulario: http://xuventude.xunta.es/201012028701/cursos-de-conduccion-segura.html.