NOVAS

Entrega de diplomas do programa municipal 'Habilita 2014'

Publicado o 27 de Xaneiro de 2015

246 alumn@s recibiron as súas acreditacións por rematar con éxito os cursos ofertados neste programa.

Os cursos son gratuitos e os requisitos ser maior de idade, empradroad@ en Narón e desempregad@.

Ofertaronse ata 6 especialidades:

  • Prevención de Riscos Laborais
  • Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos
  • Aerografía
  • Plan de empresa
  • Curso preparatorio do permiso BTP
  • Iniciación á soldadura

 

Os alumnos e alumnas participantes melloran a súa formación e o seu itinerario de inserción laboral co asesoramento dos técnicos de emprego do Concello de Narón.