NOVAS

Entrega dos premios do IV Concurso de Monólogos en Lingua Galega ‘Qué me dís!!’

Publicado o 08 de Xullo de 2013

Noraboa aos vencedores

da 4ª edición do Concurso de Monólogos en Lingua Galega ‘Qué me dis!!’ organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón.

Hai unhas semanas que saía á luz a nova edición do Concurso de Monólogos, en Dameuntoke publicamos a seguinte nova: http://www.dameuntoke.es/novas/que-me-dis-4-edicion-do-concurso-de-monologos-en-lingua-galega

O obxectivo deste concurso é promover o emprego do galego nas novas tecnoloxías e consiste na gravación de monólogos en video sobre diferentes temas e feitos con diferentes estilos. A única condición era que estiveran na nosa lingua.

Queredes saber quen foron os que gañaron desta volta?

  1. O primeiro premio foi para "Por que? Por que?" de Eva Castro Vigo, que se levou 300 €! Toma!
  2. O segundo premio, agasallado cun cheque de 200 euros, foi Iván González Cartelle.

 

Quen escolleu aos gañadores?

  1. Como vogais estiveron: Flor Maceiras (actriz e directora da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón); Jose Luis Prieto (dramaturgo) e Mª Adela Pita (técnica de Normalización Lingüística)
  2. Como presidenta estivo presente Mª del Carmen Espada (Concelleira de Educación)

 

Se queredes ver os monólogos, aínda estades a tempo. Visitade este enlace da web do Concello:

http://www.naronconcello.org/web/cat/gal/concurso-monologos-participantes

Cantas risotadas ides botar!