NOVAS

Erasmus para mozos emprendedores

Publicado o 10 de Abril de 2012

O Programa Erasmus para Mozos Emprendedores axuda aos aspirantes europeos a empresarios a adquirir as habilidades necesarias para crear e/ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa.

Os novos emprendedores adquiren e intercambian coñecementos e ideas de negocio con empresarios experimentados cos cales conviven e colaboran durante períodos de entre 1 e 6 meses. A estanza está parcialmente subvencionada pola Comisión Europea.

Vantaxes:

  • Como novo/a emprendedor/a, te beneficiarás dunha formación en prácticas nunha pequena ou mediana empresa en calquera outro país da UE. Isto facilitará un bo comezo do teu negocio ou fortalecerá a túa nova empresa. Tamén poderás beneficiarte do acceso a outros mercados, da cooperación internacional e das posibilidades de colaboración con socios no estranxeiro.
  • Como empresario/a de acollida, poderás beneficiarte das novas ideas que un/a novo/a emprendedor/a motivado/a pode achegar á túa empresa. Quizais coñeza ou estea especializado/a nunha área que ti non dominas e que podería complementar os teus coñecementos. A maioría dos empresarios de acollida gozaron tanto da experiencia que decidiron acoller outros emprendedores ao finalizar o intercambio.

De cara ao futuro, beneficiarédesvos da oportunidade de establecer unha ampla rede de contactos; ademais, talvez decidades continuar colaborando e facervos socios a longo prazo (p. ex. en empresas conxuntas, subcontratar actividades, establecendo relacións de contratista-provedor, etc.).

Funcionamento global do programa

http://www.erasmus-entrepreneurs.eu/page.php?cid=4

O programa “Erasmus para Mozos Emprendedores” está financiado pola Comisión Europea e opera en toda a Unión Europea con axuda dos puntos de contacto locais, cuxo labor é apoiar ás empresas (p. ex. cámaras de comercio, centros de apoio á iniciativa empresarial, viveiros de empresas etc.). As súas actividades están coordinadas a nivel europeo pola Oficina de Apoio do programa.

Consulta a guía do programa (en Inglés: http://www.erasmus-entrepreneurs.eu/upload/ERASMUS-GUIDE_EN.pdf) para máis información
acerca das condicións de participación.

O prazo estará aberto ata agotar o orzamento.

Máis información en: www.erasmus-entrepreneurs.eu