NOVAS

Erasmus : Xuventude en acción

Publicado o 08 de Agosto de 2014

Tedes algo idea sobre o programa ERASMUS? É un programa da Unión Europea para a educación, a formación, a mocidade e o deporte que estará en vigor ata o 31 de decembro de 2020.

Andades algo perdid@s? Pois temos unha solución!O INJUVE editou unha publicación sobre este tema, no que atoparás resposta a todas as preguntas que seguramente te esteas a facer:

  • Que é?
  • Quen pode participar?
  • Como, cando e onde presentar un proxecto

Tes interese? Pois deixámoscho subido listo para descargar!

Erasmus+ : Xuventude en Acción preséntase estruturado en 3 apartados:

  • Movilidad das persoas por motivos de aprendizaxe
  • Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas
  • Apoio ás reformas das políticas.